Un disco duro portátil para gardar fotografías sorprende con conectividade para iPad

mércores, 8 de setembro do 2010 Marcus Fernández

Sanho Corporation presentou estes días no IFA unha nova serie de discos duros portátiles pensados para servir de copia de seguridade de tarxetas de memoria de 12 formatos distintos (entre os que non faltan Compact Flash, SD ou SDHC) e que incorpora unha pantalla LCD de 3,2 polgadas (cunha resolución de 320 x 240 píxeles) para visualizar as fotografías e xestionar os ficheiros gardados, destacando polo feito de que pode conectarse directamente ao iPad, dispositivo que pode acceder aos contidos no disco duro externo en volumes de 32 Gb (tope de capacidade soportada polo Kit iPad Camera Connection) ata un máximo de 750 Gb.
O HyperDrive iPad Hard Drive pode adquirirse en capacidade de entre 120 e 750 Gb a prezos de entre 299 e 599 dólares respectivamente, aínda que tamén existe a posibilidade de mercar por 249 dólares a carcasa solta, para incorporarlle posteriormente un disco duro SATA de 2,5 polgadas. Mide 133 x 75 x 26 milímetros e pesa 298 gramos (con disco duro e batería).

PUBLICIDADE