Un dispositivo Android do tamaño dunha memoria USB
venres, 18 de novembro do 2011- Este curioso dispositivo permite levar Android a televisores e ordenadores
Cotton Candy
é un dispositivo con forma de memoria USB cunhas dimensións de 2 x 2,5
centÃmetros e un peso de 21 gramos, que está en fase de prototipo, pretendendo
a súa comercialización en 2012 a un prezo inferior aos 200 dólares e que serÃa
como un ordenador en miniatura que funcionarÃa co sistema operativo Android 2.3
e contarÃa entre as súas especificacións cun procesador ARM Cortex A9 a 1,2
GHz, gráfica ARM Mali-400MP de 4 núcleos, Wi-Fi N, Bluetooth 2.1, 1 Gb de RAM,
ata 64 Gb de almacenamento baseado en tarxetas microSD e un porto USB 2.0 (para
que opere como almacenamento USB ou para a achega de corrente) e HDMI 2.1 (de
xeito que pode converter un televisor nun dispositivo con Android).
Este pequeno trebello servirÃa, como xa comentamos, para dotar
de prestacións avanzadas a un televisor, pero tamén poderÃa accederse ao
mesmo a través de virtualización conectándoo por USB a un PC ou un Mac, podendo
aproveitar o teclado, o rato e a pantalla do equipo para correr Android (aÃnda
que con certas limitación provocadas por non estar ante un móbil ou un
dispositivo con pantalla táctil).
- O Cotton Candy conta con portos USB e HDMI