Un dos descubrimentos arqueolóxicos máis importantes de 2012 tirou proveito de tecnoloxÃa galega
martes, 16 de xullo do 2013
O Mosaico dos Amores
do depósito da cidade ibero-romana de Cástulo ( que
podemos ver
na web a través de imaxes de alta resolución) foi considerado un dos
grandes descubrimentos arqueolóxicos do ano 2012 pola revista de divulgación
National Geographic, que inclúe ao mosaico castulonense dentro dos achados
arqueolóxicos máis relevantes do pasado ano en España e no resto do mundo xunto
aos novos guerreiros encontrados en Xián (China), as Momias Frankenstein de South Uist (Escocia) ou
as máscaras do Templo do Sol Nocturno Nel Zotz (Guatemala).
Co gallo deste recoñecemento, a empresa galega Ayco dá conta de que foi compañÃa a encargada de
desenvolver a tecnoloxÃa empregada polos arqueólogos co fin de facilitar a
recollida de información e de facelo da forma máis precisa posible para
lograr reproducir de xeito fiable o estado do depósito. AsÃ, pódense compartir
con outros expertos os achados logrados e formar unha rede de coñecemento moito
máis completa para as investigacións que se están a realizar.
O obxectivo final do proxecto Cástulo é, mediante os datos recollidos en campo
grazas ás aplicacións desenvolvidas por Ayco, realizar modelos tridimensionais
do depósito, que sexan o máis reais posible e poidan ser estudados por outros
expertos. Para iso, unha vez que as diferentes pezas chegan ao laboratorio,
referéncianas vÃa GPS en función do estrato no que foron achadas para gravar
coa maior veracidade posible o estado no que se encontraba o depósito.