Un empresa xaponesa asegura poder medir a glicosa de xeito non invasivo

martes, 12 de xaneiro do 2021 Marcus Fernández

Os reloxos e as pulseiras de actividade están a avanzar a grande velocidade como dispositivos que facer un completo seguimento da nosa saúde, e co gallo do CES unha nova empresa nipoa, Quantum Operation Inc., promete toda unha revolución xa que asegura que a que o seu prototipo de smartwatch conta con medición de glicosa en sangue non invasiva mediante sensores LED e fotodiodos que conseguen detectar cambios nos niveis de azucre en sangue para facer un seguimento da diabetes e previr a hipoglicemia.
O smartwatch en cuestión tamén contará con monitorización de pulso e función de electrocardiograma, converténdose nunha atractiva solución para facer un seguimento da nosa saúde, que terá agora que demostrar se cumpre co prometido, xa que de ser así podería converterse nun grande éxito entre persoas con diabetes.
Quantum Operation tamén está a presentar unha solución de medición de osíxeno en sangue, centrándose na detección temperá da COVID-19.

Quantum Operation Inc. aposta pola monitorización do osíxeno en sangue para detectar casos de COVID-19

PUBLICIDADE