Un español proclámase subcampión do mundo de Warcraft III

luns, 13 de outubro do 2008 Marcus Fernández

LucifroN7 durante a final do campionato que tivo lugar en California

O barcelonés Pedro Moreno Durán, tamén coñecido como LucifroN7, é xa subcampión do mundo do xogo Warcraft III tras caer ante o surcoreano Jun Park (Lyn) na final celebrada durante o encontro BlizzCon 2008.
Moreno, que nun principio non agardaba chegar tan adiante (aínda que xa gañou importantes premios noutras competicións), quedou un tanto decepcionado pois sinalou que «unha vez que chegas á final tes a ilusión de gañar, amais ao coreano o derrotei nunha fase previa».
O logro en California valeulle ao rapaz que cumprirá 17 anos este mes unha recompensa de 10.000 dólares, e en novembro volverá a pórse a proba durante a final mundial dos World Cyber Games que terán lugar en Colonia, onde se enfrontará a varios dos competidores que asistiron á BlizzCon.


LucifroN7 durante a final madrileña que lle valeu a invitación a participar nas finais californianas

PUBLICIDADE