Un estudo amosa que os novos prefieren a televisión ó ordenador

luns, 30 de xullo do 2007

Un estudo realizado en colaboración con Microsoft sostén que só ó 20% dos mozos lles atrae a tecnoloxía en si mesma, sendo o seu dispositivo favorito a televisión nun 60%, polo que o ordenador non tería tanto peso como algúns poderían pensar.
Así, o televisor continúa a reinar no consumo electrónico entre os novos, de xeito que incluso a mensaxería instantánea se empregaría principalmente para comentar contidos televisivos (de xeito que sería un mero complemento).
O acceso á Rede é unha das actividades favoritas de pouco máis da metade dos consultados, mentres que ver a televisión, escoitar música e saír cos amigos están sempre por diante nas preferencias amosadas.

PUBLICIDADE