Un estudo de Google sostén que a prensa non ten impacto económico no seu buscador

venres, 21 de marzo do 2025 Marcus Fernández

De cara ás negociacións relativas á Directiva Europea do Copyright, dende Google quixeron desenvolver un experimento público para medir o valor real dos contidos informativos en Google. Este experimento consistiu en eliminar nas novas nos resultados de busca do 1% dos usuarios de Italia, España, Polonia, Países Baixos, Bélxica, Grecia, Dinamarca e Croacia, de xeito que os usuarios afectados polo experimento non podían atopar en Google resultados dun total de 13.409 dominios da Internet entre o 14 de novembro de 2024 e o 31 de xaneiro de 2025.
As conclusión do estudo non podían ser máis favorables para Google, xa que concluíu que os contidos informativo en Europa nos resultados de busca non teñen un impacto apreciable nos ingresos publicitario de Google.
O estudo amosou que a eliminación dos contidos da prensa nos resultados de busca de Google non rexistraban unha caída dos ingresos publicitarios e o seu impacto no uso das buscas tamén era moi reducido (caeu só un 0,8%). Incluso chegan a concluír que o impacto en toda a plataforma publicitaria de Google non se percibiu.
Entenden que a xente recorre a Google para informarse do tempo, programar unha viaxe, atopar unha tenda... pero a prensa non é un uso prioritario para a busca de información por parte da meirande parte dos usuarios do buscador, en contraste co que sosteñen dende o sector da prensa, que previsiblemente confiarán pouco nos resultados dun informe de parte.