Un fabricante chinés presenta o seu tablet de baixo custo

mércores, 20 de xaneiro do 2010 Marcus Fernández

Ante a proximidade do posible anuncio dun ordenador tipo tablet por parte de Apple para a vindeira semana fai que moitos fabricantes amosen as súas alternativas, entre as que podemos ver agora un equipo de EROS Shenzhen que consiste nun tablet con pantalla táctil resistiva de 10,1 polgadas cunha resolución de 1.366 x 768 píxeles, procesador Intel Atom N270, 1 Gb de RAM, 160 Gb de disco duro e sistema operativo Windows 7, polo que sería moi semellante a un ultraportátil de baixo custo, e estaría dispoñible cunha batería de 3 celas (o que por desgraza só permitiría unha autonomía de pouco de hora e media) a 3.000 iuans (310,15 euros).

PUBLICIDADE