Un filme sueco tirará proveito da IA para chegar a mercados internacionais

luns, 24 de marzo do 2025 Marcus Fernández

O filme sueco UFO Sweden, inspirado en clásicos como E.T. e Encontros na Terceira Fase, vai facer historia ao lanzarse internacionalmente como Watch the Skies, conseguindo ter unha distribución en máis dun cento de salas da cadea de cines estadounidense AMC grazas, en boa medida, polo feito de ser a primeira película de cine en facer uso da IA para unha dobraxe inmersiva.
A tecnoloxía empregada para a creación da versión en inglés de Watch the Skies chegou da man da compañía Flawless, que colleu as imaxes do filme, detectando os beizos dos intérpretes e modificalos para axustarse á dobraxe en inglés, coa participación dos actores orixinais.
Estamos ante un uso da IA que actualmente está máis en discusión polas súas implicacións éticas que polo estado da técnica, de aí que sexa tan interesante ver o que acontece con esta produción sueca, que pode ser a que abra camiño para que a sincronización labial nas dobraxes sexa algo que se normalice en filmes e series de televisión, especialmente en mercados nos que a dobraxe está moi asentada.

Vídeo promocional do proceso de dobraxe de Watch the Skies