Un formulario web axiliza a notificación de casos sospeitosos de COVID-19

venres, 7 de xaneiro do 2022 Redacción

Esta mañá o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, e o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, informaron en convocatorio de prensa do avance na vacinación dos cativos entre 5 e 11 anos de idade e da disposición dun segundo test de balde para os pequenos desas idades, que poderán recoller nas oficinas de farmacia.
O conselleiro de Sanidade tamén lembrou que as persoas que obteñan un resultado positivo nunha destas probas diagnósticas poderán poñelo en coñecemento das autoridades sanitarias a través do número de teléfono 881 540 045 ou, dende hoxe mesmo, a través dun formulario en liña. Falamos dunha autodeclaración de caso sospeitoso de COVID-19, que tras a incorporación dos datos persoais do cidadán xerará unha chamada telefónica co ánimo de coñecer o estado de saúde do novo positivo, os seus contactos estreitos, e achegar as recomendacións sanitarias precisas.
O formulario web habilitado hoxe busca reducir a carga do número de atención telefónica e axilizar o traballo da Central de Seguimento de Contactos.

JPEG - 65.4 KB
O formulario habilitado hoxe axiliza a notificación dos casos sospeitosos

PUBLICIDADE