Un libro infantil sobre «a precursora do libro electrónico» estará presente no Culturgal

xoves, 29 de novembro do 2018 Marcus Fernández

Nun momento no que están a promoverse as vocacións tecnolóxicas entre as mozas galegas resulta moi oportuna a quinta entrega da colección de libros Mulleres Galegas de Lela Edicións, dedicada a Ángela Ruíz Robles, mestra e inventora que imaxinando como podería ser o ensino do futuro ideou unha enciclopedia mecánica.
Para pór en valor a figura de Ángela Ruíz Robles, que pese a ter nacido en Villamanín en 1895 considérase galega por vivir na contorna de Ferrol entre 1918 e 1975, edítase O valor das ideas: a precursora do libro electrónico, pequena biografía dirixida a lectores de a partires de 6 anos, escrita por Arantxa Serantes e ilustrada por Tania Solla.
Damos conta desta obra dado que o vindeiro sábado ás 16:30 horas a súa autora estará presente no espazo da Libraría Paz na feira das industrias culturais, o Culturgal 2018.

PUBLICIDADE