Un millón de Pebble
luns, 2 de febreiro do 2015
Mentres o Apple Watch non remata de chegar ao mercado e os
distintos smartwatches con Android Wear non conseguen consolidarse, a compañÃa
que conseguiu trunfar en Kickstarter co seu reloxo conectado, Pebble, deu a coñecer que pechou
2014 colocando no mercado o seu smartwatch 1 millón, volume considerado
como moi positivo para unha compañÃa independente, pero que serÃa unha
cantidade moi modesta se estamos a falar dunha nova modalidade de dispositivo
con vocación de converterse en masivo.
Algunhas estimacións sitúan en 800.000 as unidades de smartwatchs Galaxy Gear
que Samsung terÃa colocado no mercado, o que farÃa aÃnda máis importante o
número de unidades do Pebble que chegan ao público, aÃnda que a chave deste
éxito relativo parece que serÃa o feito de que este reloxo é multi-plataforma e
ten unha autonomÃa aceptable (grazas a adoptar tecnoloxÃa de papel electrónico
na súa pantalla). Un detalle que tamén axudou a mellorar as vendas de reloxos
foi a estrea do Pebble Steel,
que ao adoptar unha carcasa de aceiro conseguiu unha estética máis elegante,
que foi moito mellor recibida polo público, aÃnda que esta versión de luxo
incrementa o seu prezo considerablemente (o Pebble normal venderÃase
actualmente a 129 euros, mentres que o modelo de aceiro custarÃa 229 euros).
Queda agora por ver se a chegada do reloxo de Apple dinamiza o sector, facendo
que o Pebble venda aÃnda máis ou, pola contra, supón unha competencia demasiado
dura.
Rumores sobre o Apple Watch
Precisamente sobre o Apple Watch tamén hai moitos comentarios ultimamente, especialmente
centrados no modelo de ouro de 18 quilates, pois non só os prezos do reloxo son
aÃnda unha incógnita, senón que resultan evidentes as dificultades para vender
ese tipo de produto nunha tenda de Apple ordinaria. Aseguran que Apple
estarÃa a preparar medidas de seguridade para as súas tendas que lles permitise
operar como unha xoierÃa no que aos reloxos se refire, para o que incluso
haberÃa que instalar unha especie de caixas fortes que tamén funcionasen a
xeito de cargadores, de xeito que poidan manterse os reloxos seguros pola noite
e operativos para que os usuarios puidesen probalos durante o dÃa.
Espérase que a mediados de mes comecen as sesións formativas para os empregados
das Apple Stores, para que aprendan o funcionamento do Apple Watch de cara ao
seu lanzamento posiblemente no mes de abril.