Un novo bridge facilita a conexión de ata 4 dispositivos á nosa rede Wi-Fi
luns, 6 de febreiro do 2012
Cando queremos conectar á nosa rede Wi-Fi doméstica certos
dispositivos como as primeiras consolas Xbox 360, moitos televisores
conectados, reprodutores de Blu-ray ou reprodutores multimedia atopamos que
pese a contar con portos Ethernet, carecen de conectividade sen fÃos, de aà que
xurdan os dispositivos tipo bridge
coma o Linksys
WES610N, que Cisco está a comercializar en España, e que vén a ser o
sucesor do WET610N, do que se diferenza principalmente por contar con 4 portos
Ethernet en vez de 1, o que facilita a conexión de múltiples dispositivos
(pensando especialmente nos salóns domésticos) ou en despachos afastados do
router conectado á Rede.
O Cisco Linksys WES610N posúe 3 antenas 2x3 MIMO cunha transferencia máxima de
300 Mbps soportando comunicacións nas bandas de 2,4 e 5 GHz (dobre banda), os
seus portos Fast Ethernet operan como conmutador, está optimizado para o seu
uso para vÃdeo en liña, a súa configuración é rápida e doada e o seu prezo é
relativamente axustado, pois pode
atoparse por menos de 100 euros, o que normalmente é máis económico que
adquirir, por exemplo, os adaptadores Wi-Fi dunha Xbox 360 e dun reprodutor de
Blu-ray conectado.
- O bridge permite conectar á nosa rede Wi-Fi a un total de 4 dispositivos con Ethernet