Un novo libro axuda a introducirse en WordPress
mércores, 30 de outubro do 2024
O lugués Álvaro Fontenla, consultor especializado en WordPress, o xestor de contidos máis empregado a nivel mundial (4 de cada 10 páxinas web empregan este CMS) vén de publicar o libro Curso práctico de WordPress, como unha guía de introdución para a creación de páxinas web por primeira vez.
Esta guía introdutoria está organizada en 12 capítulos que van dende os conceptos máis básicos até o uso de plugins, sempre dende un enfoque práctico e sinxelo para que os non iniciados poidan atopar de utilidade.
O libro tamén dedica capítulos específicos a Elementor, un popular maquetador visual, facilitando así que os usuarios poidan personalizar e deseñar as súas páxinas web dun xeito doado.