Un novo xogo de Pokémon axuda a aprender mecanografÃa
venres, 21 de setembro do 2012
Nun momento no que a Operación
Pokémon está de máxima actualidade Nintendo sorpréndenos ao anunciar que o
novo xogo Aprende con Pokémon: aventura
entre las teclas chega hoxe ás tendas españolas a prezos que oscilan
entre os 51,90 e os 61,50 euros en establecementos fÃsicos, o que pode resultar
algo caro para un xogo de Nintendo DS, pero está xustificado porque inclúe unha
base (para colocar na posición correcta a DS ou a 3DS) e un teclado Bluetooth
capaz de funcionar ata 1.500 horas con 2 baterÃas AA e que poderá empregarse
tamén como teclado externo para móbiles, tablets ou ordenadores persoais con
Bluetooth.
¿Para que precisa este xogo de Pokémon un teclado sen fÃos? Pois resulta que
este tÃtulo para Nintendo DS (compatible con 3DS) pretende axudar aos cativos a
introducirse na mecanografÃa dun xeito divertido, animándoos a incorporarse ao
Club de MecanografÃa e investigar
a máis de 400 Pokémon á vez que se poñen a proba de xeito gradual as súas
habilidades coas teclas (haberá que teclear os nomes das criaturas que atopemos
para capturalas na Typing Ball).
Este novo xogo permitirá desbloquear ata 60 niveis diferentes, conseguir 180
medallas e estudar aos Pokémon menos comúns (incluÃndo os Pokémon Lendarios
como Reshiram e Zekrom).

- O novo xogo de Pokémon inclúe un teclado Bluetooth co que practicar mecanografÃa
Trailer de lanzamento do Aprende con Pokémon: aventura entre las teclas
