Un partido político belga ofrece na súa web felacións da súa candidata

venres, 18 de maio do 2007 Marcus Fernández

As eleccións e a Internet mestúranse de xeitos insospeitados, e así o NEE, un partido inconformista que se presenta ó Senado belga pedindo o apoio dos cidadáns que non atopan unha opción política que lles convenza, lanzou unha curiosa campaña na que a súa candidata Tania Dervaux aparecía con pouca roupa prometendo 400.000 traballos (no que era unha parodia das promesas electorais que estaban a facer os outros partidos) pero que, a petición dos seus seguidores, cambiou a mensaxe por unha oferta de 40.000 felacións (ou sexa, que cambiou o tipo de traballo cun xogo de palabras en inglés, confundindo job e blowjob).
O curioso desta campaña electoral é que está a acadar máis atención da esperada, e así pasou de ser un orixinal xeito de dar a nota a un fenómeno global, polo que agora, a web do NEE permite apuntarse para solicitar sexo oral con Tania Dervaux, abríndose esta solicitude a persoas de todo o mundo e que mesmo se realizarán a través de Second Life.
Para cumprir coa promesa electoral (algo moi dubidoso), a candidata debería efectuar 80 felacións durante 500 días, aínda que o que podemos adiantar é que o NEE conseguiu ser o partido político belga con maior cobertura mediática da historia.

PUBLICIDADE