Un pecho con Bluetooth permite librarnos das chaves
venres, 29 de novembro do 2013
As tendas norteamericanas están
comezando a recibir nos seus estantes un interesante produto para o fogar
que fai uso da tecnoloxÃa Bluetooth 4.0 LE para permitirnos librarnos da
necesidade de empregar as chaves para abrir a porta do noso fogar, o pecho Kevo de UniKey.
Estamos ante un produto que substitúe o pecho tradicional do noso domicilio,
que continuará a funcionar con chaves fÃsicas de xeito opcional, pero que
tamén poderá abrirse e pecharse por contacto sempre que na proximidade da porta
estea o noso smartphone (polo momento só contan
cunha aplicación para iOS compatible con esta solución, aÃnda que están en
desenvolvemento versións para Android, Windows Phone e BlackBerry) ou un
pequeno accesorio que pode levarse no chaveiro, pensado no seu uso para os
membros da familia que non teñan un smartphone.
- De carecer de smartphone, o pecho permite o seu desbloqueo cun accesorio con Bluetooth 4.0 LE
Ao xestionarse o pecho a través dunha aplicación, é posible engadir e eliminar
usuarios a través dunha páxina web, o que facilitará que poidamos autorizar a
convidados ao noso domicilio, que poderán acceder sen problema sempre que
conten cun smartphone coa aplicación de Kevo instalada.
Este tecnolóxico pecho pode substituÃr ao actual de xeito doado, podendo
instalarse nuns 5 minutos, precisando de pouco mantemento, xa que incluso ten
un consumo bastante reducido, podendo operar ata un ano seguido con só 4 pilas
AA.
O lote que inclúe un pecho Kevo, 4 pilas AA, 2 chaves electrónicas, 2 chaves
mecánicas e un accesorio para poder empregar o pecho sen ter smartphone véndese en 3 cores distintas
na tenda en liña de Apple nos EE.UU. por 219,95 dólares (162 euros), e
posiblemente goce da simpatÃa dos amantes á domótica, que verán neste
dispositivo un xeito máis de modernizar o seu fogar.
- O pecho Kevo desbloquéase por contacto
VÃdeo promocional do pecho Kevo de UniKey