Un pecho de Xiaomi permÃtenos abrir a porta con contrasinal ou pegada dixital
luns, 5 de novembro do 2018
Cada vez son máis os dispositivos que contribúen
a termos un fogar domótico, entre os que ten bastante peso a seguridade, que
non se limita só a cámaras e sensores de presenza, senón tamén a pechos que facilitan
o dicir adeus ás chaves, como o Zelkova dunha das marcas de Xiaomi.
O curioso deste pecho para portas é que opta por un sistema de identificación múltiple,
permitindo a apertura mediante código numérico introducido nun teclado fÃsico, con
identificación de pegadas dixitais ou incluso a través dunha aplicación móbil (a
corta distancia). O feito de que este pecho estea conectado á Rede facilita
poder comprobar se a porta quedou aberta, pero tamén ten como grande vantaxe a
posibilidade de crear remotamente contrasinais de acceso temporais, o que resulta
moi práctico para deixar entrar a convidados ou a traballadores que van a
realizar un servizo puntual.
O pecho Zelkova pode instalarse en portas cun grosor de entre 50 e 100 milÃmetros,
permite configurar até 20 contrasinais, aliméntase con 8 baterÃas AA que
achéganlle unha autonomÃa para operar durante aproximadamente 18 meses e as
súas dimensións son de 340 x 75 x 26 milÃmetros. Pode adquirirse
de importación por preto de 275 euros.