Un programa de formación impulsará a transformación dixital das cooperativas e entidades de economÃa social
mércores, 20 de agosto do 2025
A Xunta de Galicia, a través da ConsellerÃa de Emprego, Comercio e Emigración, pon en marcha o Programa Generación Digital Pymes: Cooperativas e EconomÃa Social, unha iniciativa pioneira que arrancará en novembro cunha duración de tres meses e que ten como obxectivo impulsar a transformación dixital das cooperativas e entidades de economÃa social. O proxecto desenvolverase en colaboración con Galicia Business School, no marco do convenio recentemente asinado entre ambas entidades ao abeiro da Rede Eusumo.
Galicia Business School conta cunha sólida traxectoria na formación de profesionais do tecido empresarial galego, con máis de 400 directivos e responsables de pemes formados ata o de agora.
Este novo programa, de balde grazas ao financiamento da Unión Europea a través dos fondos Next Generation EU, combina formación presencial en Santiago de Compostela con contidos en liña e abrangue un total de 146 horas.
Está destinado a empresarios, responsables e cooperativistas das distintas áreas de compañÃas galegas de ata 249 traballadores (recursos humanos, xestión comercial, márketing, dirección, loxÃstica, etc.), asà como a cooperativas e entidades sociais (fundacións, confrarÃas, agrupacións de traballo social, entre outras) e a autónomos ligados á economÃa social que desempeñen funcións de responsabilidade.
Os participantes recibirán formación práctica e especializada de expertos en dixitalización e innovación empresarial, acompañada de mentorización para os plans de transformación dixital das súas entidades. Ademais, obterán un certificado en intelixencia artificial aplicada á empresa, que lles permitirá identificar novas oportunidades de mellora de procesos, optimización de custos e reforzo da experiencia tanto da clientela como dos equipos humanos.
Contidos e inscrición
A formación incluirá módulos sobre transformación dixital nas empresas, adaptación a novos contextos, mellora da experiencia do cliente, aplicación de tecnoloxÃas emerxentes e de intelixencia artificial, sustentabilidade, economÃa circular e casos reais de éxito no ámbito cooperativo. Cada entidade poderá inscribir ata dúas persoas a través da páxina web de Galicia Business School, onde tamén está dispoñible información adicional.
Esta acción forma parte dunha serie de programas promovidos pola ConsellerÃa de Emprego, Comercio e Emigración en colaboración con Galicia Business School para reforzar a capacitación dixital do tecido empresarial galego. Está prevista, ademais, unha edición especÃfica dirixida a persoas autónomas nos próximos meses.
