Un reloxo celebra os 45 anos de Asteroids
martes, 28 de xaneiro do 2025
Para celebrar o 45º aniversario do clásico xogo Asteroids Atari colaborou co fabricante de reloxos Nubeo para lanzar unha liña de reloxos de pulso de edición limitada (con 7 estilos diferentes dos que se fabricaron unicamente 125 unidades de cada un).
Estamos ante unha colección de reloxos de pulso bastante rechamante, na que cada unidade ten un prezo de venda de 487,95 euros e que os seus diferentes modelos varÃan simplemente na cor da súa correa de silicona.
O reloxo ten unha caixa de aceiro inoxidable de 50 milÃmetros, cristal de zafiro, resistencia á auga (até 20 atmosferas) e unha voluminosa coroa no seu lateral dereito que permite xirar a nave espacial que figura no centro da esfera do reloxo, rodeada de asteroides, nunha orixinal recreación do clásico de Atari.
Para poder interpretar a hora e o minuto no que estamos hai que fixarse nun par de ovnis de cores que orbitan entre os asteroides, polo que non estamos ante un reloxo doado de empregar, aÃnda que si cun toque moi orixinal e nostálxico.
Cómpre salientar que non é a única achega de Nubeo aos videoxogos retro, pois tamén conta no seu catálogo con reloxos de edición limitada inspirados en Space Invaders, que en tal ocasión teñen un rango de prezos moi amplo, xa que van dende os 194,95 euros até os 1.417,95 euros.
VÃdeo promocional dos reloxos que celebran o 45º aniversario de Asteroids