Un reporteiro da web Let’sGoDigital fai fronte ó ataque dunha quenlla probando unha cámara dixital

venres, 14 de decembro do 2007 Marcus Fernández

O sistema Sea & Sea que permite pechar hermeticamente unha cámara Nikon D80 para o seu uso submarino podería converterse nun dos accesorios deste tipo máis coñecidos da Internet grazas á web Let’sGoDigital, xa que para a súa revisión na mesma Karin Brussaard viaxou ás Bahamas, onde foi atacado por unha quenlla, que deixou como recordo un dente na carcasa acrílica empregada, o que en boa medida foi unha proba da calidade desta solución (xa que unha carcasa de cristal racharía en tales condicións).
Afortunadamente non aconteceu nada grave e a experiencia rematou cunhas impresionantes fotografías subacuáticas de quenllas que destacan pola súa calidade e beleza.

PUBLICIDADE