Un reprodutor que achega ó televidor os contidos do PC e do móbil

martes, 30 de outubro do 2007 Marcus Fernández

O EZFetch HD media streamer é un dos moitos dispositivos que pretenden levar os contidos audiovisuais almacenados no noso ordenador ó televisor do salón, de xeito que se pode conectar á nosa rede local mediante conexión Ethernet ou Wi-Fi para reproducir vídeos en formato H.264, DivX, XviD, MPEG-4, WMV e VOB.
O trebello conta con saídas de vídeo composto e DVI, polo que se pode conectar a case calquera televisor, pero polo que destaca especialmente é porque, aparte de acceder ós vídeos almacenados en PC tamén pode conectarse a teléfonos Nokia Nseries (se contan con Wi-Fi) de xeito que os contidos almacenados no móbil poden verse no televisor.
O seu prezo de venda nos EE.UU. é de 249 dólares.

PUBLICIDADE