Un tablet chinés económico presume de Android 4.0
mércores, 7 de decembro do 2011
O sistema operativo Android 4.0 pretende supor a
converxencia entre as versións para móbiles e tablets de Android, estando a
introducirse paulatinamente nos móbiles con Android 2.x máis potentes e
prevéndose en breve a actualización de varios tablets con Android 3.x a Ice Cream Sandwich, de aí que sorprenda
o anuncio de MIPS Technologies, compañía chinesa que pretende vender por só 99
dólares un
tablet con pantalla capacitiva de 7 polgadas que funcionaría directamente con
Android 4.0.
NOVO7 sería o primeiro tablet do mundo en
incluír Android 4.0 segundo o seu fabricante, funcionaría cun procesador
JZ4700 de Ingenic a 1 GHz, apoiados por unha gráfica Vivante GC860 a 444 MHz (con
soporte de OpenGL ES2.0 e ES1.0), polo que estariamos ante un dispositivo capaz
de funcionar coas aplicacións móbiles máis habituais e mesmo correr videoxogos
con gráficos 3D e reproducir vídeo en alta definición a 1.080p. Este tablet
contaría con Wi-Fi N, USB 2.0, HDMI 1.3, lector de tarxetas microSD, cámaras
web integradas (a cámara traseira sería de 2 Mpíxeles) e unha batería
recargable que achegaría unha autonomía de ata 6 horas de videoxogos, 8 horas
de vídeo, 7 horas de navegación web, 25 horas de música ou 300 horas en espera.
Este tablet estará dispoñible en breve, agardándose que máis adiante conte con
versión con pantallas de 8 e 9 polgadas.
Presentación en vídeo do Aino NOVO7