Un tablet con aspiracións a caderno

xoves, 28 de outubro do 2010 Marcus Fernández

Tras o lanzamento do NOOKcolor dá a impresión de que os dispositivos de lectura de libros electrónicos van vivir unha importante renovación para adoptar a cor, aínda que polo momento están a basear este cambio en tecnoloxía pouco axeitada (non hai pantallas en cor comerciais que poidan visualizarse sen problema baixo a luz do sol), e entre os lectores electrónicos de nova xeración temos o E-King S700, cunha pantalla en cor de 7 polgadas que desta por un contar con dobre interface de entrada: control táctil resistivo (por presión) e control táctil por indución electromagnética (para o seu uso un stylus coma o das tabletas gráficas, o que permite ao trebello comportarse como un caderno de notas).
O E-King S700 tamén goza de conectividade 3G, lector de pegadas dixital e cámara de 3 Mpíxeles, e aínda que estre trebello desenvolvido por China Shenzhen Guangxuntong Communication Technonology poida resultar atractivo para certos usos, parte dun prezo bastante elevado: 3.999 iuans (430,48 euros).

PUBLICIDADE