Un trebello expulsa dispositivos espÃa das redes sen fÃos ao seu redor
luns, 8 de setembro do 2014
Para os paranoicos da vixilancia electrónica están a
preparar o lanzamento de Cyborg Unplug, un
curioso que podemos conectalo a corrente e que analiza o tráfico das redes
Wi-Fi próxima de xeito que pode disparar unha alarma se detecta que hai un
dron, unha cámara de seguridade, un micrófono sen fÃos ou unhas Google Glass
transmitindo, e incluso permite expulsar a este tipo de trebellos das nosas
redes sen fÃos (e incluso de calquera rede sen fÃos ao noso redor, nun modo de
funcionamento do que advirten que poderÃa ser ilegal).
Este trebello é obra de Julian Oliver, artista de BerlÃn, que xa desenvolvera
unha aplicación que expulsaba ás Google Glass de redes Wi-Fi, e que decidiu
transformar esta idea nun produto comercial que sairá á venda en dous modelos
distintos que custarán entre 50 e 100 dólares, aceptándose reservas a partires
do vindeiro dÃa 30. Este proxecto está inspirado na campaña Stop The Cyborgs coa que
numerosos locais norteamericanos (principalmente cafeterÃas e restaurantes) colocaron
sinais prohibindo o uso de Google Glass para protexer a intimidade dos seus
clientes.