Un truco permite publicar chíos de até 280 caracteres a calquera usuario

mércores, 27 de setembro do 2017 Marcus Fernández

O anuncio por parte de Twitter das probas para eliminar o límite de 140 caracteres nos chíos levou a moitos usuarios a querer probar esta nova posibilidade, pero un usuario atopou un truco para que a limitación de caracteres pase a ser de 280 para calquera usuario a través da extensión Tappermonkey e un script dispoñible en Github chamado Twitter Cramming e que desactiva o sistema de medición de caracteres, de xeito que superados os 140 non bloquea o botón de Chiar, permitindo así publicar sen problemas mensaxes de até 280 caracteres.
Este truco que simplemente invalida a conta de caracteres asociada ao botón de Chiar parece ser efectivo polo momento, de xeito que xa hai moitos usuarios de todo o mundo probando agora o límite de 280 caracteres, o que podería acelerar a transición á nova restrición na lonxitude das mensaxes, xa que non ten moito sentido manter unha barreira que está a saltarse de xeito masivo.

PUBLICIDADE