Un videochat achegaranos a Latinoamérica

martes, 2 de setembro do 2008

Galicia e América Latina poderán estar máis preto a primeiros de 2009 grazas a un sistema de videochat que está a preparar a empresa galega Bonaval Multimedia para a súa integración na web galiciaparelmundo.com.
Para esta labor técnicos galegos e uruguaios están a colaborar ao amparo do Plan TIC de formación de Emigrantes Españois que fomentan Ineo e a Fundación Galicia Emigración para aplicar diversos servizos sobre Red5 que achegará aos usuarios «grandes posibilidades para a interacción» mediante a sindicación de vídeos e a posibilidade de incluír comentarios en formato audiovisual a través do videochat.

PUBLICIDADE