Un vigués gaña o Java Challenge Spain 2019

martes, 2 de xullo do 2019 Redacción

O vigués Néstor Pérez, de 27 anos, proclamouse gañador do primeiro Java Challenge España, un desafío no que competiu durante seis semanas con outros 500 desenvolvedores Java, estudantes e profesionais de todo o territorio nacional para alzarse co título BETWEEN JAVA Champios of Spain.
Licenciado en Enxeñería en Informática pola Universidade de Santiago de Compostela, Pérez, que actualmente desenvolve a súa carreira profesional en SIVSA como desenvolvedor web especializado en contornas Java e JavaScript, superou aos seus rivais en coñecementos, habilidades e velocidade de resposta sobre Java durante o concurso.
A competición, consistente en dúas probas, unha en liña e outra presencial con diferentes niveis de dificultade, foi desenvolta por un xurado internacional integrado por unha vintena de eminencias do sector académico e empresarial nesta linguaxe de programación.
É a primeira vez que en España celébrase un reto deste tipo, posto en marcha por Between Technology en colaboración con Ticjob e celebrado xa con éxito nunha trintena de países a través da plataforma da compañía EDITx, empregada en desafíos similares por empresas como Google ou Microsoft.

PUBLICIDADE