Un xogo pontevedrés anímanos a explorar as profundidades oceánicas

mércores, 7 de decembro do 2022 Marcus Fernández

Nos últimos días estreouse en Steam en acceso anticipado o xogo subROV: Underwarter Discoveries, que pode adquirirse promocionalmente a un prezo de 16,56 euros, e que consiste nunha especie de simulador no que podemos explorar as profundidades mariñas operando un vehículo operado a distancia (ROV) que pode mergullarse en diferentes puntos do planeta, coñecendo así as peculiaridades de cada rexión.
En subROV movémonos nun navío de investigación oceánica, que fai uso de vehículos controlados a distancia para explorar as profundidades, xunto cunha chea de ferramentas avanzadas que irán achegando datos para poder facer observacións científicas e incluso pode estudar criaturas mariñas pouco coñecidas pola ciencia.
Pero o máis rechamante desta orixinal proposta é precisamente a súa orixe, xa que, aínda que a súa interface está en inglés, resulta ser unha creación independente do pontevedrés José Luís González Castro, quen contou co apoio económico da National Science Foundation, así como a colaboración do Bermuda Institute of Ocean Sciencies e o Schmidt Ocean Institute.

Tráiler do lanzamento anticipado de subROV: Underwater Discoveries

PUBLICIDADE