Uncharted 4: El Desenlace del Ladrón vendeu 2,7 millóns de copias na súa primeira semana
luns, 23 de maio do 2016
Non é ningún segredo que moitos xogadores mercaron no seu
momento a súa PlayStation 4 coa vista posta no lanzamento de Uncharted
4, pero agora é a propia Sony a que confirma o éxito de El Desenlace del Ladrón, anunciando que
na súa primeira semana á venda a produción de Naughty Dog conseguiu
superar os 2,7 millóns de unidades vendidas, converténdose asà no tÃtulo first party que máis rapidamente vendeu
até agora, cando menos na rexión PAL.
Os datos de vendas da última entrega das aventuras de Nathan Drake inclúen
tanto copias fÃsicas como descargables a nivel mundial a data do 16 de maio, e
lembremos que incluso houbo problemas
para prover de copias a través de importantes canles de distribución.
En calquera caso cómpre salientar que a boa resposta do público ante este lanzamento
non foi inxustificada, xa que, aparte do nivel de calidade das tres primeiras
entregas da saga, desta volta adiantaron que o xogo vai gozar dunha longa vida
por incluÃr
actualizacións de balde no seu modo multi-xogador até a primavera de 2017,
algo para o que a meirande parte de xogos esixirÃan a compra dun pase de
tempada.