Unha acción con influentes busca promover o Camiño entre o público chinés
luns, 8 de abril do 2024
A Xunta de Galicia está a promover o Camiño de Santiago no mercado chinés a través dunha acción na que están a participar un grupo de xornalistas e influentes chineses especializados en viaxes que, xuntos, suman máis de 5 millóns de seareiros.
Organizada por Turismo de Galicia en colaboración coa OET de PekÃn, nesta acción de familiarización están a participar representantes de publicacións como a prestixiosa revista semanal Sanlian Life Week, as publicacións de turismo Voyage e Travel Zone, asà como un grupo de influentes especializados en viaxes.
Nestes dÃas están a realizar o Camiño Francés desde Sarria e o percorrido inclúe coñecer distintos recursos patrimoniais da ruta xacobea, asà como algúns dos albergues da Rede Pública de Albergues do Camiño de Santiago como o de Ribadiso, en Arzúa.