Unha aplicación de Samsung poderÃa axudar a reducir o mareo en viaxes
luns, 30 de marzo do 2026
Case un terzo da poboación sofre mareo por movemento durante as viaxes, con sÃntomas como vertixe, náuseas ou sudación. Co obxectivo de ofrecer unha alternativa sen fármacos, Samsung presentou unha nova proposta baseada na reprodución dun ton especÃfico a través de auriculares sen fÃos en combinación cunha aplicación móbil.
A solución articúlase arredor da aplicación Hearapy, de balde, que funciona xunto cos Galaxy Buds4 Pro. O sistema emprega un ton sinusoidal de 100 Hz que estimula o sistema de equilibrio do oÃdo interno e contribúe a reducir as molestias asociadas ao mareo.
O fenómeno do mareo prodúcese por un conflito sensorial: mentres o oÃdo interno detecta movemento, a vista pode estar fixa nun elemento estático, como a pantalla dun smartphone ou un libro. Esa discrepancia xera unha resposta de estrés no organismo. Ata o momento, as opcións máis habituais para mitigalo incluÃan medicamentos (con posibles efectos secundarios) ou técnicas como a acupresión.
A proposta de Samsung baséase en investigacións realizadas pola Universidade de Nagoya (Xapón), que analizaron que tipo de estÃmulo sonoro resulta máis efectivo para activar o órgano do equilibrio. Os estudos conclúen que a exposición durante 60 segundos a un ton de 100 Hz cun volume de entre 80 e 85 decibeles pode mellorar a capacidade de manter o equilibrio.
As probas realizadas con persoas con mareo por movemento indican unha redución do estrés e dos sÃntomas durante desprazamentos en coche, cun efecto que pode prolongarse ata dúas horas. Iso si, os investigadores subliñan que o ton debe escoitarse sen interferencias doutras fontes sonoras e cunha frecuencia exacta, en ambos oÃdos e durante polo menos un minuto antes da viaxe.
A aplicación Hearapy integra un temporizador que fixa automaticamente a duración en 60 segundos e axusta o volume a arredor de 85 decibeles, un nivel comparable ao ruÃdo dun cortacéspede. Pola súa parte, os Galaxy Buds4 Pro están deseñados para reproducir con precisión ese ton, grazas a melloras no deseño do altofalante, cunha superficie de vibración maior que na xeración anterior, e a un sistema de audio de dúas vÃas.
Os auriculares tamén incorporan cancelación activa de ruÃdo adaptativa (ANC), que emprega seis micrófonos para detectar o son ambiente e xerar sinais en fase inversa que o neutralicen. A isto súmase un ecualizador adaptativo que analiza en tempo real factores como a posición no oÃdo ou o contorno acústico, co fin de optimizar a reprodución.
Esta combinación de hardware e software permite que o ton de 100 Hz se reproduza de maneira limpa e estable, condición necesaria para que o estÃmulo sobre o sistema vestibular resulte efectivo, aÃnda que cómpre salientar que a aplicación de Hearapy non fai unha comprobación do modelo de auriculares que se empreguen para realizar a escoita do ton de 100 Hz, polo que os usuarios son libres de probar esta solución cos seus auriculares habituais (aÃnda que a calidade dos mesmos influirá nos resultados).
