Unha aplicación galega de xadrez para Android destaca no Google DevFest Barcelona 2011
mércores, 9 de novembro do 2011
Onte tivo lugar o Google DevFest
Barcelona 2011, evento ao redor das distintas tecnoloxÃas de Google, de
xeito serviu para abordar temas como Google+, Google Chrome e Android, dende o
punto de vista do desenvolvemento de produtos e servizos en tal contorno e, para
rematar o encontro, presentáronse varios proxectos: o xestor de bufetes na nube
Nubbius; a guÃa de praias multilingüe Mallorca Beach; o xogo de xadrez Mobialia
Chess; a guÃa de teléfonos social 11870.com, a aplicación meteorolóxica UK
weather, fonYou (que está detrás do servizo de Movistar Segunda Linea); o xogo
de fútbol Striker Soccer; o navegador on e off-road TwoNav e o localizador de
bicicletas de aluguer CityBikes.
Os proxectos presentados competÃan entre si, e prácenos o feito de que o
gañador fose Mobialia
Chess, posto que é obra do galego Alberto
Alonso Ruibal, e podemos descargar este cliente de xadrez do Android Market
tanto nunha versión
de pagamento (1,99 euros) como nunha versión
lite que está financiada mediante
publicidade. Aparte da honra que supón este recoñecemento, Ruibal tamén fÃxose cun
móbil Galaxy Nexus como premio pola súa aplicación.
Presentación realizada por Ruibal no Google DevFest
Mobialia non só ten o seu xogo de xadrez no Android Market, senón que tamén ten dispoñibles numerosas aplicacións de balde para a súa descarga, como os xogos Conecta 4, Connect 4 3D e Preguntas de Trivial, e aplicacións de grande utilidade como Gasolineras España e Wikiplaces, entre outras.
- Mobialia ten numerosas aplicacións no Android Market</A>