Unha aplicación móbil alertará dos lumes en Galicia
luns, 23 de marzo do 2026
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou hoxe que o Goberno galego porá en marcha «unha aplicación móbil para facilitar dar aviso dos conatos e lumes que perciban os cidadáns», coa previsión de que estea dispoñible en xullo, coincidindo co inicio da campaña de maior risco.
A iniciativa forma parte das principais novidades da actualización deste ano do Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (Pladiga), que se presentará este venres no Consello Forestal e que incorporará novas medidas nos ámbitos tecnolóxico, de persoal e de recursos.
No plano tecnolóxico, a nova aplicación pretende ampliar a rede colaborativa de vixilancia e prevención, unha das liñas estratéxicas do Pladiga 2026. O sistema permitirá que a cidadanÃa participe activamente no sistema de alertas, complementando as comunicacións telefónicas a través do 085 e do 112. Con tres pulsacións, o usuario poderá notificar a presenza dun incendio forestal achegando datos de xeolocalización, coas coordenadas aproximadas e a súa localización sobre mapa ou imaxe aérea. Ademais, a ferramenta permitirá engadir fotografÃas ou vÃdeos, notas de voz e outras observacións de interese. As alertas serán recibidas nos centros de coordinación provinciais da Xunta.
Tamén no eido tecnolóxico está prevista unha ampliación do 30 % da rede de videovixilancia, que acadará as 241 cámaras en 111 puntos de todo o territorio. Sobre esta infraestrutura despregarase, na aplicación interna XeoCode, un sistema de intelixencia artificial capaz de detectar automaticamente fume e focos incipientes. As alertas xeradas pola IA serán filtradas e posteriormente verificadas polos técnicos antes de activar o operativo.
Outra das melloras será a incorporación de drons de última xeración grazas a un convenio entre a ConsellerÃa do Medio Rural e Abanca asinado a finais de 2025. Afundación cederá tres dispositivos que permitirán traballar en remoto e reforzar as tarefas de detección e prevención, especialmente en zonas de difÃcil acceso ou sen cobertura das cámaras. Estes drons estarán baseados en Vilamaior (VerÃn), no Xurés (MuÃños) e en Lomba (Santa Comba).
No ámbito dos recursos humanos, a actualización do Pladiga 2026 introduce cambios orientados a reforzar o Servizo de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais (SPIF). O dispositivo galego, considerado un referente a nivel estatal e europeo, conta cun cadro de persoal no que a maiorÃa dos 3.000 efectivos traballan durante todo o ano, mentres que un terzo amplÃa este ano a súa actividade ata os nove meses.
De cara á campaña actual, a Xunta busca garantir a cobertura total das prazas de bombeiro forestal antes do 15 de xuño. Para iso, a comezos de marzo mantÃvose unha reunión coas organizacións sindicais na que se presentou unha planificación para os próximos meses, ademais do compromiso de abrir mesas de diálogo especÃficas para mellorar as condicións dos distintos colectivos do SPIF.
Entre as novidades máis destacadas figura a creación de 42 novas brigadas de catro compoñentes (un xefe e tres peóns), o que suporá a incorporación de 168 efectivos adicionais durante a tempada de alto risco. Ademais, reforzarase a Udex (Unidade de Directores de Extinción), que pasará de 6 a 15 membros para mellorar a resposta ante grandes incendios forestais e escenarios de interface urbano-forestal.
Tamén se prevé incrementar a operatividade do Equipo Batracio mediante un sistema de dispoñibilidade especÃfica que permita mellorar a capacidade de resposta inmediata en episodios de alta intensidade.
En canto aos medios materiais, o dispositivo contará este ano con dous novos avións de carga en terra e un avión de coordinación, ademais da previsión de licitar un helicóptero pesado con maior capacidade de descarga. A isto súmanse actuacións de mellora nas infraestruturas, especialmente nas bases aéreas, co avance das obras da base de LalÃn e do novo aeródromo de Valga.
O plan inclúe tamén o despregamento de 18 lotes de maquinaria pesada e a incorporación de 16 novos bulldózers, que elevarán a 34 o número total de unidades dispoñibles. Estes equipos resultan especialmente eficaces nas fases de ataque directo, remate e liquidación, asà como en tarefas preventivas.
O Pladiga actualÃzase anualmente co obxectivo de definir a organización e os procedementos de actuación fronte aos incendios forestais en Galicia. Estrutúrase en catro plans (prevención, detección e investigación, extinción e formación), que recollen as accións a desenvolver en cada ámbito. Tras o paso polo Consello Forestal, a súa actualización será aprobada polo Consello da Xunta.
