Unha carcasa incorpora teclado e control para xogos ao iPhone 5
mércores, 2 de xaneiro do 2013- Con este accesorio podemos gozar dun teclado externo para o iPhone 5
Para os usuarios que queiran gozar dunha mellor experiencia
de control tanto en aplicación de produtividade como en xogos no iPhone 5 poden
facerse cun novo e orixinal accesorio que poñen á venda dende China e que
consiste nunha carcasa para o móbil que inclúe un par de láminas metálicas
imantadas de só 2 milÃmetros de grosor que se fixan sobre o mesmo magneticamente
e que poden facer tanto de mando para xogos como de teclado externo.
O EX
Hybrid Controller para iPhone 5 está á venda por 49,90 dólares (37,84
euros) en cor branca ou negra, comunÃcase co móbil por Bluetooth 3.0, funciona
cunha baterÃa recargable que ten unha a autonomÃa de 40 horas de uso e 160
horas en espera, é resistente a auga e po e presume de ser o teclado máis
lixeiro e delgado nunca feito para o iPhone. Esta solución está composta por
unha carcasa traseira para o iPhone 5, un par de paneis extraÃbles imantados
que fan de teclado QWERTY ou de joypad,
unha estación de carga e un cable micro USB.
- Esta elegante solución presume de ser o teclado máis delgado e lixeiro feito nunca para o iPhone
VÃdeo de demostración do curioso accesorio multi-función para o iPhone 5