Unha célebre streamer recoñece ser explotada sexualmente polo seu marido
luns, 17 de outubro do 2022
- Amouranth denunciando en directo os abusos do seu marido
O pasado verán a streamer Kaitlyn Michelle Siragusa,
máis coñecida polo alcume Amouranth, sorprendeu
ao mundo ao asegurar ter ingresado máis de 27 millóns de dólares a través de OnlyFans,
de xeito que esta plataforma achegarÃalle un rendemento moi superior ao que
consegue a través de YouTube, Twitch e Patreon, de onde tamén consegue ingresos
importantes.
Falamos cunha celebridade da Internet que conseguiu popularidade grazas ás
comunidades de cosplay, e que agora facturarÃa máis de millón e medio de
dólares ao mes, pero a súa historia vén de dar un xiro radical ao desvelar
durante directo de Twitch que estaba casada, mantendo tal segredo por
motivos comerciais (para resultar máis atractiva para os seus mecenas), e
levando o tema moito máis aló ao denunciar os abusos que padecÃa por parte do
seu marido, até poder considerase que está a explotala sexualmente para facer
cartos.
Ao parecer, o marido desta rapaza de 28 anos terÃa o control das súas contas bancarias
e redes sociais, o que servirÃalle para ameazala en numerosas ocasións, non só
asegurando que realizará doazóns de grandes cantidades económicas ou pecharÃa
as contas en redes sociais, senón tamén chegando a ameazar con matar os seus
cans se a streamer non accedÃa a facer directos conta a súa vontade (entre
os que estarÃan os seus populares vÃdeos coñecidos como hot tubs, nos
que podÃa vérselle en bikini nunha bañeira inchable mentres conversaba cos seus
seareiros).
AÃnda que o vÃdeo da retransmisión orixinal xa non está dispoñible en Twitch, existen
numerosas copias circulando pola Rede, nas que poden verse as acusacións da streamer
cara a súa parella, no que describe como un claro caso de abuso que está a dar
visibilidade á fráxil situación das mulleres nas plataformas como OnlyFans, dando
lugar a un novo tipo de proxenetas, aÃnda que neste caso o exercicio da
prostitución serÃa virtual, de xeito que dificilmente pode ser perseguido.