Unha chea de xogos de balde para PS4 queren animarnos a quedar na casa
venres, 26 de marzo do 2021
A iniciativa de PlayStation para animar aos xogadores a
quedar na casa ante a situación sanitaria global, Play
At Home, está de volta cunha chea de videoxogos que poden incorporar á súa
colección dixital os posuidores dunha consola PlayStation, o que é unha grande
oportunidade para descubrir grandes tÃtulos independentes que ben poderÃan ter chegado
a través de PlayStatition Plus, pero que sorprendentemente chegan totalmente de
balde para calquera xogador.
Nesta ocasión os xogos que están dispoñibles de balde por tempo limitado son o
emblemático Astro
Bot Rescue Mission, considerado como o mellor xeito de introducirse na
PlayStation VR, solución de realidade virtual para a que tamén ofrece a coidada
aventura de Moss
e o orixinal Paper
Beast, tÃtulos exclusivos para VR, mentres que os xogos Rez
Infinite e Thumper
son compatibles coa VR pero é unha posibilidade totalmente opcional.
Para os que non conten con casco de realidade virtual na súa PS4 outros xogos
que temos de balde son Enter
the Gungeon, ABZÛ,
Subnautica
e The
Witness, xogos con boa sona no ámbito dos estudos independentes, que resultan
bastante diferentes ao que estamos afeitos, polo que é moi recomendable
botarlles un ollo se non os coñecemos, xa que este tipo de xoias poden
descubrirnos xéneros realmente cativadores que simplemente son demasiado arriscados
para que os aborden os grandes estudios.
A todos estes xogos unirase o vindeiro 23 de abril un dos mellores xogos da
actual xeración de consolas, Horizon Zero Dawn, na súa edición completa
(ou sexa, coas súas expansións), o que é todo un agasallo por parte de Sony,
que parece claramente orientado a atraer xogadores para a súa futura secuela,
ao igual que a morea de tÃtulos de VR agasallados estes dÃas pode animar a
algúns a achegarse á realidade virtual no futuro, sabendo que xa teñen varios
xogos de partida.