Unha colección recuperará os videoxogos clásicos das Tartarugas Mutantes

xoves, 10 de marzo do 2022 Marcus Fernández

Os xogos clásicos da Tartarugas Mutantes van volver no presente ano en formato físico e dixital nunha compilación elaborada por Konami titulada Teenage Mutant Ninja Turtles: The Cowabunga Collection, que incluirá xogos para máquinas de 8 e 16 bits, así como máquinas recreativas, e que poderán gozarse en PS4, PS5, Xbox One, Xbox Series X|S, Nintendo Switch e PC (Steam).
Os xogos clásicos dos sapoconchos de Kevin Eastman e Peter Laird foron adaptados a novas máquinas por Digital Eclipse, que engadiulles opcións como poder gravar partida, rebobinar a acción e, nalgún caso, incluso poder xogar en liña.
Os xogos incluídos nesta nova colección serán os seguintes:
– Teenage Mutant Ninja Turtles (recreativa)
– Teenage Mutant Ninja Turtles: Turtles in Time (recreativa)
– Teenage Mutant Ninja Turtles (NES)
– Teenage Mutant Ninja Turtles II: The Arcade Game (NES)
– Teenage Mutant Ninja Turtles III: The Manhattan Project (NES)
– Teenage Mutant Ninja Turtles: Tournament Fighters (NES)
– Teenage Mutant Ninja Turtles IV: Turtles in Time (Super Nintendo)
– Teenage Mutant Ninja Turtles: Tournament Fighters (Super Nintendo)
– Teenage Mutant Ninja Turtles: The Hyperstone Heist (Sega Megadrive)
– Teenage Mutant Ninja Turtles: Tournament Fighters (Sega Megadrive)
– Teenage Mutant Ninja Turtles: Fall of The Foot Clan (Game Boy)
– Teenage Mutant Ninja Turtles II: Back From The Sewers (Game Boy)
– Teenage Mutant Ninja Turtles III: Radical Rescue (Game Boy)

JPEG - 154.8 KB
No recompilatorio está incluso o curioso xogo de loita TMNT: Tournament Fighters

PUBLICIDADE