Unha compañía canadense faise coa tecnoloxía das Intel Vaunt

luns, 17 de decembro do 2018 Marcus Fernández

Tras a fugaz traxectoria pública das Google Glass dende Intel amosaron unha solución de lentes conectadas moito máis discretas, que cunha aparencia de lentes ordinarias e ausencia de cámara (principalmente para evitar o rexeitamento do público) buscaban animar a outros fabricantes a integrar esta tecnoloxía e lanzar produtos de seu, pero finalmente Intel pechou o seu grupo de desenvolvemento de wearables, polo que o futuro das Intel Vaunt quedou no aire até agora, xa que North vén de facerse co portfolio tecnolóxico do cancelado proxecto de Intel.
A propia North xa desenvolveu unhas lentes de realidade aumentada semellantes ás Vaunt chamadas Focals, que terían que chegar ao mercado este mesmo mes, polo que facerse coas patentes de Intel neste ámbito é de esperar que lles facilite avanzar, especialmente na miniaturización da tecnoloxía (apartado no que Intel estaba por diante de North), á vez que a adquisición das patentes de Intel podería protexer legalmente a North ante futuras demandas xudiciais.

North está a piques de pór á venda as súas propias lentes de realidade aumentada

PUBLICIDADE