Unha cuberta metálica para o iPhone 4 evita que rache o seu vidro traseiro
luns, 18 de outubro do 2010
As primeiras
crÃticas relativas ao iPhone 4 Ãan dirixidas a problemas de cobertura por mor
do deseño da súa antena, pero nos últimos tempos están a considerarse moito
máis crÃtica a fraxilidade da súa parte traseira, que ao ser de vidro pode
rachar ou simplemente gretarse cun resultado moi pouco estético, de aà que en
varias páxinas web estean a recomendar a adquisición
nunha web chinesa dun protector metálico para esta parte traseira, que por só
12,99 dólares (9,30 euros) serve de substituto do vidro traseiro á vez que
mantén certa elegancia o terminal. Existen moitas outras solucións semellantes
no mercado, pero esta destaca polo seu prezo reducido e doada instalación, á
vez que non incrementa o tamaño do terminal coma fan as fundas externas.