Unha demanda colectiva considera que as compras de contidos dixitais son enganosas
martes, 26 de agosto do 2025
O pasado venres presentaron ante un tribunal federal do estado de Washington unha nova demanda colectiva contra Amazon, compañÃa acusada de enganar aos consumidores co uso do temo comprar nas súas transaccións dixitais en Prime Video. Acusan a Amazon de comercializar pelÃculas e series como se se tratase dunha adquisición en propiedade, cando en realidade o que se obtén é unha licenza limitada para velas, susceptible de ser revogada en calquera momento.
O caso exemplifÃcase con tÃtulos como a versión do director de Alien, dispoñible por 4,99 dólares. AÃnda que o usuario a compra, se Amazon perde os dereitos dese corte, pode substituÃlo pola versión de cinema ou mesmo retiralo completamente da biblioteca. Esta práctica xa fora cuestionada en 2020, cando Amazon defendeu que a palabra comprar non resultaba enganosa, apoiándose en definicións de dicionario que a vinculan co dereito de uso e non necesariamente coa propiedade perpetua.
A nova demanda contra Amazon denuncia publicidade enganosa e competencia desleal, subliñando que o aviso de que o usuario só adquire unha licenza aparece agochado nun pé de páxina con letra máis pequena ca o resto do texto. Ademais, a recente entrada en vigor en California dunha lei que prohibe anunciar unha operación como compra se non implica unha propiedade plena poderÃa reforzar o caso.
O avogado dos demandantes, Wright Noel, sostén que Amazon non cumpre coa normativa ao non ofrecer unha advertencia clara e visible de que a licenza é revogable. Os demandantes solicitan indemnizacións económicas non especificadas, que inclúen tanto a devolución dos beneficios obtidos como danos punitivos por un comportamento que consideran deliberadamente enganoso.
A evolución desta demanda é de especial interese, xa que a práctica de Prime Video é común na industria dos contidos dixitais (dende a música ata os videoxogos), e unha resolución en contra poderÃa ter un impacto en todo o sector.
