Unha exposición de Kiko Da Silva busca concienciar sobre o abuso das pantallas por parte da mocidade
martes, 24 de febreiro do 2026
A área de dixitalización de Ecoloxistas en Acción está a organizar unha exposición itinerante baixo o tÃtulo Medrar con pantallas non é igual a progreso no que se amosan 15 ilustracións de Kiko Da Silva analizando os riscos da hiperdixitalización precoz enmarcada no reto Off February, que insta a deixar as redes sociais durante 28 dÃas para recuperar o tempo persoal.
A exposición pode verse ata o vindeiro dÃa 27 no IES Politécnico de Vigo e pretende concienciar sobre como o uso constante dos móbiles afecta ao desenvolvemento da mocidade e busca xerar debate sobre se o avance tecnolóxico implica sempre un progreso real na calidade de vida e a aprendizaxe dos menores.
Calquera centro educativo de Galicia que queira traballar estes temas cos seus alumnos pode solicitar esta exposición dado o seu carácter itinerante. Esta actividade é completamente de balde para os institutos e busca aproveitar a proximidade da linguaxe visual para conectar coa rapazada á hora de amosar a problemática da dependencia das pantallas e a necesidade de buscar momentos de desconexión real.
