Unha exposición polo metaverso, co-gañadora do concurso de PolÃtica LingüÃstica sobre Luisa Villalta
martes, 27 de febreiro do 2024
O concurso escolar da SecretarÃa Xeral de PolÃtica LingüÃstica para a elaboración da exposición sobre LuÃsa Villalta, autora homenaxeada o DÃa das Letras Galegas 2024, xa ten gañadores: o Colexio CEIP Raquel Camacho, da Coruña, e o Centro Integrado de FP CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel, de Ourense.
En concreto, o colexio coruñés alzase co premio na categorÃa destinada aos centros de Educación Infantil e Primaria pola mostra Tatuada na pétrea pel do mar; mentres que o centro ourensán e a súa exposición Viaxe polo metaverso con LuÃsa Villalta Gómez é o gañador na categorÃa destinada a centros de Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Formación Profesional e ensinanzas de réxime especial.
Cada centro educativo recibirá un premio en metálico de 2.000 €, mentres que o profesorado implicado obterá unha certificación de Primeiro Premio de Innovación Educativa equivalente a 20 horas de formación (30 no caso do coordinador ou coordinadora do proxecto).
Con esta iniciativa anual, a ConsellerÃa de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, a través da SecretarÃa Xeral de PolÃtica LingüÃstica, impulsa e promove a celebración das Letras Galegas durante todo o curso escolar entre a rapazada.
Ademais, cada exposición vén acompañada da correspondente guÃa didáctica, que permite realizar un percorrido polos momentos máis significativos da biografÃa e pola obra e a época da autora a quen se lle rende homenaxe nestas Letras Galegas. A colección de 10 carteis que integra cada mostra e a súa guÃa didáctica serán impresas e distribuÃdas en centros de ensino de Galicia e do exterior, centros de estudos galegos, concellos, bibliotecas e outros lugares de interese. Tamén estará dispoñible no Portal da Lingua Galega para a súa descarga libre e gratuÃta, canda outros materiais.