Unha falsa axencia de viaxes realiza un calote fugaz grazas a imprudentes influentes
luns, 2 de xuño do 2025
No últimos dÃas unhas 15 influentes promocionaban unha axencia de viaxes chamada 7Vuelos, que ofrecÃa viaxes de 7 dÃas a 7 destinos (ParÃs, Nova York, Dubai, Xapón, Cancún, Roma e Londres) con prezos de entre 449 e 1.390 euros por parella grazas a unha suposta oferta de lanzamento que se traducÃa nun desconto do 50%.
O curioso é que a páxina web da suposta axencia de viaxes nin sequera identificaba que compañÃa estaba detrás da marca 7Vuelos e no seu pé de páxina figuraba como Accredited Agent de IATA (entidade de compañÃas aéreas, non de axencias de viaxes), polo que resultaba doado ver que estabamos ante un calote, polo que resulta sorprendente que houbese influentes que se prestasen a facerlles publicidade.
A influente que máis visibilidade está a acadar por ter promocionado 7Vuelos é Adara Molinero, quen esta mañá está a manifestarse en Instagram asegurando que «a estafa de 7Vuelos está saÃndo por todos lados e a que está saÃndo prexudicada son eu e a miña imaxe» e eludindo a súa responsabilidade persoal por estar ante unha promoción que lle chegou a través dunha axencia. Pero tamén recoñece que antes de publicar o vÃdeo publicitando 7Vuelos desconfiou e pediu confirmación da promoción, para engadir logo que as influentes que fixeron a publicidade da axencia de viaxes fraudulenta tamén foron estafadas, xa que non cobrarán nada da campaña promocional.

- A influente Adara Molinero dando a súa versión do acontecido
Pese a comentar que a responsabilidade do calote corresponderÃa á súa axencia de representación, non menciona a unha axencia en concreto, aÃnda que podemos entender que é a mesma para a que tamén traballan outras influentes como Teresa Andrés, Nagore Robles, Marina GarcÃa e Oriana Marzoli, que foron as que promocionaron 7Vuelos, conseguindo en total un alcance duns 12 millóns de seareiros.
A fraude de 7Vuelos fÃxose patente rapidamente, xa que moitos consumidores, tras realizar o pagamento dun voo, non recibiron ningún tipo de xustificante que acreditase a contratación dun voo ou a reserva dun hotel. Iso disparou as alarmas, e rapidamente xa se fixeron eco do calote nos medios de comunicación e incluso dende FACUA denunciaron o asunto ante a FiscalÃa Xeral do Estado para que investiguen a suposta estafa, salientando a entidade de defensa dos consumidores a súa sorpresa porque influentes e axencias publicitarias negociasen propostas comerciais sobre produtos que non existen.
Queda agora por ver como se depurarán as responsabilidades deste calote, pois existe unha clara responsabilidade por parte dos influentes e as axencias publicitarias que aceptaron promocionar produtos dunha compañÃa inexistente, que cunha simple ollada podÃa confirmarse que era fraudulenta.
ACTUALIZACIÓN: A axencia de representación que terÃa xestionado a campaña publicitaria de 7Vuelos serÃa ME Management, que nun comunicado oficial di ter emprendido accións legais contra 7Vuelos e asegura que a participación das súas representadas no calote foi de boa fe, aÃnda que non recoñece de ningún xeito a súa deixadez de funcións ao non verificar a fiabilidade da promoción publicitada.
