Unha ferramenta de Microsoft facilita o avance da IA nas diagnoses médicas
luns, 30 de xuño do 2025
Microsoft deu un paso decisivo cara á superintelixencia médica coa creación do MAI-DxO, un orquestrador de intelixencia artificial deseñado para abordar os desafÃos diagnósticos máis difÃciles da medicina. A ferramenta foi posta a proba a través dun novo referente baseado en 304 casos reais publicados pola prestixiosa revista New England Journal of Medicine, considerados entre os máis esixentes e sofisticados da práctica clÃnica.
A proposta da compañÃa baséase nun modelo de diagnóstico secuencial, no que a IA vai formulando preguntas e pedindo probas médicas paso a paso, tal como farÃa un médico humano. A diferenza dos test tradicionais de opción múltiple, esta metodoloxÃa permite avaliar a capacidade real de razoamento clÃnico, moito máis próxima á práctica hospitalaria diaria.

- O orquestrador MAI-DxO transforma calquera modelo lingüÃstico nun panel virtual de médicos
O rendemento do MAI-DxO foi significativamente superior ao de calquera modelo individual testado, incluÃdos GPT, Llama ou Claude. En combinación co modelo o3 de OpenAI, o orquestrador alcanzou un 85,5 % de acerto, fronte ao 20 % de media obtido por 21 médicos de EE.UU. e Reino Unido con entre cinco e vinte anos de experiencia.
Un dos aspectos máis innovadores deste avance é que o sistema non só foi máis preciso, senón tamén máis eficiente en termos económicos. MAI-DxO calculou os custos virtuais de cada proba solicitada, permitindo comparar a súa eficacia diagnóstica fronte ao gasto que supón cada itinerario clÃnico. Segundo os investigadores, a IA logrou mellores resultados con menos recursos ca os profesionais humanos, abrindo a porta a aplicacións que poderÃan contribuÃr a reducir o dispendio sanitario.
A pesar destes resultados prometedores, Microsoft admite que se trata só dun primeiro paso. A empresa subliña que aÃnda cómpre validar esta tecnoloxÃa en contextos clÃnicos reais, incluÃndo presentacións comúns e non só casos complexos. Tamén apunta que os médicos participantes traballaron sen acceso a ferramentas habituais como libros, colegas ou sistemas de apoio á decisión, o que limitou a súa capacidade diagnóstica no estudo.
A compañÃa traballa agora en colaboración con organizacións sanitarias para explorar a viabilidade de implantar este tipo de sistemas como soporte á toma de decisións clÃnicas. Segundo Microsoft, a IA non vén substituÃr os profesionais, senón ampliar o seu alcance, combinando a empatÃa e a experiencia humanas co potencial da aprendizaxe automática e o tratamento masivo de datos.
A ferramenta aÃnda non está dispoñible publicamente, pero a compañÃa ten previsto publicar os seus referentes de avaliación e seguir avanzando na súa validación cientÃfica a través de revisión por pares.
Nun contexto no que o gasto sanitario global non deixa de medrar e moitas persoas seguen sen acceso a atención médica de calidade, a aposta pola IA poderÃa marcar un punto de inflexión. Dende Microsoft consideran que o futuro da saúde pasa por complementar o coñecemento humano coa intelixencia das máquinas.
