Unha iniciativa quere invalidar as marcas asociadas a Twitter por falta de uso
xoves, 11 de decembro do 2025
A compañÃa estadounidense Operation Bluebird presentou unha petición formal ante a Sala de XuÃzo e Apelación de Marcas da Oficina de Patentes e Marcas dos EE.UU. (USPTO) para solicitar a cancelación de dez das marcas máis emblemáticas asociadas a Twitter, hoxe en mans de X Corp. A organización sostén que a plataforma presidida por Elon Musk abandonou legalmente o uso destas marcas tras o seu rebranding como X e que, malia iso, continuou realizando declaracións falsas perante o regulador estadounidense. A documentación foi rexistrada o 2 de decembro de 2025.
Segundo expón a petición, X Corp. mantén activos rexistros como Twitter, tweet, Twitter flight ou Twitter amplify, mais deixou de utilizalas desde xullo de 2023, cando Musk anunciou publicamente que a empresa se despedÃa da identidade histórica da plataforma: «E pronto despedirémonos da marca Twitter e, de maneira gradual, de todos os paxaros» escribira en redes sociais o 23 de xullo dese ano. Para Operation Bluebird, esta decisión implica a perda da protección de marca por falta de uso continuado e pola ausencia de intención real de retomar a explotación comercial.
A entidade promotora da petición explica que aspira a empregar e rexistrar as marcas Twitter e tweet para novos produtos e servizos, incluÃda unha futura plataforma social baixo o dominio twitter.new, e que os rexistros en vigor lle impiden avanzar nese proceso. Bluebird afirma sentirse prexudicada polas denegacións e suspensións das súas solicitudes de marca debido á existencia das rexistros actualmente en poder de X Corp.
No apartado xurÃdico, a petición baséase en dúas alegacións principais: abandono e fraude. En canto ao abandono, Bluebird documenta a eliminación do termo tweet, a desaparición do paxaro azul e o cese xeralizado de uso de calquera marca asociada a Twitter nos produtos e servizos da compañÃa, que agora se presentan exclusivamente baixo a identidade X. Tamén detalla un número significativo de solicitudes e rexistros que X deixou caducar, como Twitter fleet, Twitter mirror, hashflag ou Tweet love, o que considerarÃa unha proba adicional de desinterese continuado pola familia de marcas orixinal.
A segunda alegación, máis grave, é a de fraude ante o USPTO. Bluebird afirma que X Corp. presentou extensións e declaracións de uso para marcas como Twitter amplify cando xa carecÃa de intención de empregalas comercialmente. A súa denuncia recolle que, o 23 de outubro de 2023, X Corp. declarou ao USPTO que seguÃa utilizando a marca Twitter en todos os bens e servizos cubertos polo rexistro 4422235, algo que, segundo a peticionaria, non se correspondÃa coa realidade da empresa tras o rebranding global á marca X.
Operation Bluebird tamén achega documentación sobre as asignacións recentes das marcas Twitter ás súas propias solicitudes, realizadas en xuño e decembro de 2025, co fin de demostrar lexitimidade na súa reclamación e interese comercial real no uso dos sinais distintivos agora en disputa.
A organización solicita ao USPTO que cancele na súa totalidade os dez rexistros afectados e demanda «calquera outro remedio» que o organismo considere axeitado. De prosperar, esta acción poderÃa abrir a porta a que terceiros recuperen o uso comercial das marcas históricas de Twitter, cuxa explotación X Corp. parece ter abandonado en favor da súa nova identidade corporativa.
O caso queda agora nas mans da Sala de XuÃzo e Apelacións, que deberá determinar se X Corp. mantén dereito sobre as marcas ou se, como afirma Operation Bluebird, perderon validez por falta de uso e pola eventual presentación de información enganosa ante a oficina de marcas estadounidense.
Cómpre salientar que detrás de Operation Bluebird está Michael Peroff, un avogado especializado en marcas, e Stephen Coates, quen avogado tamén especializado en marcas, que chegou a desempeñar un cargo de dirección nese ámbito en Twitter entre os anos 2014 e 2016.
