Unha lei prohibirá aos porteños ter reprodutores de DVD nos seus vehículos
venres, 7 de setembro do 2007
Segundo a nova normativa que entrará en
vixencia en breve, nin os condutores da
“quinta provincia galega” nin os seus
copilotos poderán alternar as diversas paisaxes da cidade do tango coas imaxes
dos seus actores e artistas favoritos sen ceibarse de seren multados por unha
lei que prohibirá levar reprodutores deste tipo no taboleiro dianteiro dos
automóbiles. Máis aínda, nin sequera poderán ter un sistema de reprodución
audiovisual (aínda que estea apagado) na banda dianteira do habitáculo, sexa
fixo ou portátil, algo que segundo un artigo publicado polo xornal La
Nación no seu sitio web é “unha
práctica habitual para as viaxes longas”.
Un dos responsables da nova iniciativa, o deputado Marcelo Meis, declarou que "o uso do DVD na consola dianteira aumenta de xeito significativo e perigoso a distracción dos condutores, co conseguinte risco de perder o control e provocar un accidente". A lei xa tivo o visto bo da lexislatura porteña, e, se ben unha vez posta en vigor só afectaría á capital da república, non se descarta que nun futuro cobre nivel nacional