Unha lente permite adaptar as cámaras réflex para tomar imaxes estereoscópicas
venres, 9 de xullo do 2010
Nas últimas semanas demos conta de distintas cámaras dixitais compatibles
coa tecnoloxÃa 3D ou estereoscópica, pero unha compañÃa chamada Loreo decidiu
levar este tipo de experiencia de visualización practicamente calquera usuario
de cámaras réflex cunha solución de baixa
tecnoloxÃa consistente nunha lente
que pode converter unha cámara ordinaria nunha especie de binoculares, de
xeito que nunha instantánea xuntamos dúas imaxes tomadas cunha pequena
separación, o que permite que poidamos vela posteriormente en 3D utilizando visores moi
sinxelos (que custan menos de 2 euros).
A lente
estereoscópica de Loreo comercialÃzase
por uns 150 dólares (118,69 euros) en modelos compatibles con cámaras dixitais
de Canon, Sony, Pentax e Nikon e, aÃnda que o resultado que podemos acadar co
seu uso pareza moi rudimentario, non
hai que esquecer que as imaxes captadas poden converterse en fotografÃas
estereoscópicas compatibles con sistemas de visualización dixitais, pois
baséase nos seus mesmos principios (aÃnda que a conversión haberá que facela manualmente).
- Un dos visores que facilita ver as imaxes en 3D
- Imaxe dun papagaio captada utilizando a lente de Loreo