Unha nova aplicación para iPad recolle fotografías dos lugares máis fermosos de Galicia

luns, 4 de outubro do 2010 Marcus Fernández

A empresa compostelá de consultoría TIC Sináptika vén de estrear na App Store unha aplicación de balde para o iPad que permite ver Galicia a través de 23 impresionantes fotografías de David García Pérez nas que recollen algúns dos lugares máis fermosos e importantes xunto con descricións dos mesmos en galego, español e inglés, permitindo a posibilidade de colocalas imaxes coma fondo de pantalla do dispositivo de Apple.
Imaxes de Galicia recolle imaxes coma os menhires do parque escultórico que hai xunto á Torre de Hércules (monumento tamén retratado por David García Pérez), o faros dos cabos Touriñán e Vilano (entre outros), a catedral de Santiago, as fervenzas do Toxa e de Ézaro, as illas Cíes, a ponte romana sobre o río Tea, a torre de Vilanova dos Infantes, a ponte de Rande ou as praias das Catedrais e das Furnas, polo que é unha interesante achega a distintos puntos da xeografía galega, que agradecerán tanto que os coñeza coma os que estean interesados en descubrir novas paraxes que visitar.


O funcionamento de Imaxes de Galicia en vídeo

JPEG - 209.9 KB
As fotografías inclúen descricións de texto en galego, español e inglés

PUBLICIDADE