Unha nova consola permitirá gozar dos xogos para Nintendo 64
luns, 16 de outubro do 2023
Nos últimos meses
conseguiu un éxito relativo a consola
portátil Analogue Pocket, que mediante FPGA permite simular o hardware de
consolas clásicas (en vez de apostar pola emulación mediante software) permite
gozar de cartuchos orixinais de Game Boy, Game Boy Color e Game Boy Advance de
xeito directo (e de Game Gear, Neo Geo Pocket Color e Atari Linx empregando
adaptadores).
Estamos ante unha tendencia emerxente dos videoxogos retro na que usuarios
conscientes das dificultades de manter vivas as consolas orixinais optan por
hardware novo que ofrece a experiencia clásica máis pura posible.
Mantendo este espÃrito presentan agora a Analogue
3D, que chegará o ano que vén, e que preséntase como unha reimaxinación da
Nintendo 64, capaz de funcionar con xogos de todas as rexións e presentalos en
pantallas 4K con distintas opcións de visualización.
A nova consola permitirá a conexión de mandos orixinais de Nintendo 64 nos seus
4 portos, aÃnda que tamén será compatible con mandos sen fÃos. AÃnda non
amosaron como será a súa aparencia final, pero en vista do éxito do resto de
produtos de Analogue e o interese que está a suscitar esta liña dos videoxogos retro
é de esperar que sexa unha máquina que incluso teña problemas de abastecemento
pola súa elevada demanda (pese a que probablemente teña un prezo bastante
elevado).